Esta feira organizaa a Tecnópole-Parque Tecnolóxico de Galicia, e acollerá no seu recinto de Ourense a 50 equipos que mostrarán públicamente os seus proxectos e experimentos. Acudirán a esta cita grupos escolares de toda Galicia, pero estará aberto a toda persoa allea que queira asistir.
Nesta ocasión, participan 16 equipo de investigadores de Ourense, xunto con 12 de Vigo, 4 de Pontevedra, 2 de Lugo, 2 de Ribadeo, 2 de Ferrol, 2 de Narón, 2 de Cambre, 1 de Santiago e 5 de Barcelona.
Ademáis dos experimentos e equipos de investigación, nesta edición conmemorarase o Ano Internacional da Cooperación na Esfera da Auga cunha exposición e talleres orientados a distintas idades nos que se realizarán experimentos físicos e químicos traballando con augas termales, e experiencias de concienciación sobre o valor e a importancia da auga para a vida.
Nesta conmemoración tamén se organizaron concursos de debuxo e fotografía que teñen como tema principal a auga e no que participaron colexios de toda Galicia.
Nafeira tamén haberá un lugar para a banda deseñada e o cine, onde se analizarán os poderes dos superheroes dende un punto de vista científico.
Tamén participará a Fundación Barrié co seu propio espazo na feira, e dará unha conferencia para que os profesores coñezan a programación da súa plataforma web de contidos didácticos e materiais a disposición do profesorado e alumnado: "educaBarrié"
Como novedade, este ano contará con reporteiros audivisuais (que participan na feira) e que gravarán todo o ocorrido, para crear posteriormente un vídeo recompilatorio desta experiencia. A parte de estos reporteiros audiovisuais, tamén haberá unha redacción de periodistas, formada por estudiantes, e crear, ao igual que o vídeo, unha revista oficial que se distribuirá aos asistentes o último día da feira.

No hay comentarios:
Publicar un comentario