Acabo de ler unha noticia super novidosa!
Un dos satélites da NASA, o Curiosity, envíou hai uns días unha fotografía do noso planeta visto dende Marte.Nela, percíbese a Terra como un puntiño minúsculo na inmensidade do espazo.
Aínda que pareza incríble, obsérvase enano e similar a unha mota de pó, pero é a estrela que máis se ve brillar dende esa perspectiva.
O robot chegou a Marte en agosto do 2012, e aínda que antes comentei que a fotografía chegara hai uns días, foi tomada durante o día 529 da misión do satélite.
Este aparello tecnolóxico está perforando e analizando o subsolo do planeta vermello para tentarmos buscar indicios de vida pasada nel. Con estas investigacións atoparon indicios de que un lago do planeta puido albergar vida hai 3.600 millóns de anos.
Asombroso, non si? Esperaremos impacientes novas noticias e fotografías do Curiosity!
Fotografía enviada polo Curiosity na que se ve un punto de luz, a Terra
Excavacións do satélite na codia de Marte
Fotografía do lago no que supostamente existiu vida
Biografía: El País



No hay comentarios:
Publicar un comentario